CRTVG

Buscar

As comunidades que non pasaron de fase piden máis transparencia nos criterios dos técnicos

Publicado o 11/05/2020 15:12

Sanidade constata unha fase clara de descenso en prácticamente todas as comunidades, sen repunte dos casos pola saída dos nenos iniciada hai quince días. Unha situación favorable que, din, obriga á prudencia.

Fernando Simón, director do Centro de Coordinacion de Alertas e Emerxencias Sanitarias: "Estamos nas últimas fases da transmisión, pero temos que terminar de controlar e seguimos cun risco aínda importante de repunta".

Madrid anuncia que pedirá hoxe mesmo o paso á fase 1, e estuda o uso obrigatorio de máscaras para avanzar nunha desescalada que a presidenta da comunidade cuestiona.

Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid: "Como o Goberno estivo todo o tempo procurando como reorganizarnos as liberdades, pero para racionalizarlas en lugar de como procurarlas".

Andalucía estuda limitar a acollida de praias. Defende que Granada e Málaga, en fase cero, estaban tan preparadas como o resto das provincias que si pasaron.

Juan Manuel Moreno Bonilla, presidente da Junta de Anadalucía: "Falta de obxectividade, esa falta de transparencia. A min o que me preocupa é que non hai un criterio establecido común para todo o territorio español".

Desde a Comunidade Valenciana o seu presidente di que cumpren cos parámentros solicitados por Sanidade e agardan explicacións do Goberno.

Ximo Puig, presidente da Generalitat valenciana: "Agardamos que se nos diga por escrito o que non se fixo adecuadamente e qué temos que facer".

O presidente de Castela-A Mancha pide comprensión co Goberno e confianza nun proceso cambiante e descoñecido para todos.

Emiliano García-Page, presidente de Castela-A Mancha: "En segundas edicións desta especie de selectividade que toca para o virus haberá máis puntería, será máis afinado e será máis atinado".

Un proceso en que o País Vasco decidiu, por exemplo, prohibir as xuntanzas de ata dez persoas en domicilios, que si permite o Goberno.

Noticias web

11/05/2020