CRTVG

Buscar

Desde este xoves poderase poñer unha dose adicional a inmunodeprimidos graves

Publicado o 08/09/2021 19:51

EFE/ Pool Moncloa / Borja Puig De La Bellacasa

EFE

A ministra de Sanidade Carolina Darias anunciou que a partir de mañá as comunidades autónomas poderán empezar a inocular a dose adicional da vacina contra a covid−19 a persoas en "situación de grave inmunosupresión" tras ser aprobado este mércores na reunión da Comisión Interterritorial de Saúde.

Así o dixo Darias en conferencia de prensa ao termo da reunión, en que lembrou que esta dose adicional está indicada para persoas con transplante de órgano sólido (estímase que hai unhas 60.000 en España), receptores de transplante de proxenitores hematopoéticos (ao redor de 20.000) e as persoas en tratamento con fármacos anticovid−19.

Segundo a ministra, serán as comunidades autónomas as que determinen que pacientes recibirán a vacina adicional e poñeranse en contacto con elas, porque son as que os teñen identificados. Ademais, Darias anunciou que nas próximas semanas se estudará a posibilidade de incorporar novos colectivos á administración desta dose adicional, entre os que se atopan os usuarios das residencias de maiores. 

Noticias web

08/09/2021