As comunidades estudan diferentes solucións para as xuntanzas de Nadal
Outras comunidades van desvelando tamén a súa estratexia para o Nadal. Madrid ou Cataluña queren que se poidan xuntar ata 10 persoas. Cantabria é unha das máis radicais: recomendará que as ceas sexan só de conviventes.
"Que non se fagan ceas cos de fóra. Que as ceas do Nadal non sexan as UCI de Reis", di Paloma Navas, directora de Saúde Pública de Cantabria.
"Que se poidan facer ceas de10 persoas, de tres núcleos familiares. E que o toque de queda sexa máis tarde", pedía Ignacio Aguado, vicepresidente de Madrid. Mentres, Juan Manuel Moreno Bonilla, presidente de Andalucía argumenta: "Poderán ser seis, dez ou máis... haberá que velo cande se acheguen as datas e en función da situación de cada comunidade. O que lle pido ao Goberno é transparencia e colaboración".