CRTVG

Buscar

As comisións de festas adáptanse ás normas anticovid

Publicado o 29/06/2021 17:31

O pasado 19 de xuño fíxose a proba piloto para o regreso das verbenas. Desde ese día, as comisións de festa traballan arreo para cumprir as esixencias da lexislación covid e poder celebrar sen risco.

Un exemplo atopámolo en Santa Marta da Laxe, no concello de Vilagarcía de Arousa. María e as súas compañeiras de comisión xúntanse para organizar as festas de Santa Marta. 30, 31 de xullo e 1 de agosto. Inquedas mentres agardan o permiso do concello.

As restricións comezan por delimitar a entrada e a saída. Hai que levar un control e anotar o nome e o DNI do público asistente. Unha vez dentro do espazo valado, haberá orquestra e liberdade para bailar entre conviventes.

Distintas son as restricións para o consumo de bebida e comida. Os postos teñen que estar fóra do recinto acoutado. 

Noticias web

29/06/2021