CRTVG

Buscar

As clases comezarán o venres, tal e como estaba previsto

Publicado o 04/01/2021 14:37

O que se mantén  é a data de volta á clase despois do Nadal. Especulouse coa posibilidade de pospoñela ata o próximo luns, pero o conselleiro de Educación, Román Rodríguez di que os centros son espazos seguros e que, se non o impiden os criterios sanitarios, as clases comezarán este venres: "Estamos ante unha decisión fundamentalmente de corte sanitario. E salvo que as autoridades sanitaras nos indiquen o contrario ou nos indiquen que é máis seguro comezalas o día once, pois as comezaremos o día oito con normalidade", dixo o conselleiro.

Finalmente o comité clínico non fixo ningunha recomendación para atrasar o regreso ás aulas así que retomaranse como estaba previsto o día 8. Desde a Consellería de Sanidade destacan que as aulas son lugares seguros.

 

Noticias web

04/01/2021