CRTVG

Buscar

As cinzas do volcán dificultan a vida na illa da Palma

Publicado o 26/09/2021 21:21

Unha das consecuencias máis visibles da erupción, amais dos danos causados pola lava e os gases lanzados á atmosfera, é a cinza que lanza o volcán e que os ventos dispersan por boa parte da illa da Palma, o que dificultan en moitos lugares a vida da xente e a circulación dos equipos de emerxencia.

A pesar dos gases e das cinzas, a Administración di que a calidade do aire nas zonas habitadas da Palma é boa, aínda que recomendan aos particulares que limpen cinzas que leven luvas, máscaras e lentes, para evitar dese xeito posibles problemas respiratorios. 

Noticias web

26/09/2021