CRTVG

Buscar

As cinsas dificutan as comunicacións na illa da Palma

Publicado o 27/09/2021 14:31

As bocas do Cumbre Vieja deixaron momentaneamente esta mañá de expulsar á atmosfera gases e cinsas. Despois de oito días en erupción os equipos de conservación de estradas traballan sen descanso retirando o po volcánico do asfalto. Queda limpo pola noite e pola mañá xa se acumulan varios centímetros sobre o firme. A peor parte está nas proximidades de Todoque.

Traballadores dos servizos de limpeza e veciños varren e recollen cinsa todo o día. Pero os poucos, todo volve estar cuberto do manto negro. Casas, rúas, estradas e vexetación. Afecta moi especialmente ao principal produto da illa. Centos de hectáreas situadas maioritariamente na liña de costa e que a lingua de lava destruirá.

O po volcánico, co aspecto exterior que da ao produto, estraga comercialmente moitas das piñas de plátanos que aínda serían aptas para o consumo. Ameazadas a supervivencia do cultivo en moitas máis explotacións pola corte de estradas. As cinsas comezan a aparecer en zonas onde non chegaran na parte leste da illa. As autoridades recomentan levar lentes, máscara e luvas cando se entre en contacto co po volcánico.

Noticias web

27/09/2021