Galicia reforzará a inspección e a conservación dos camiños tras multiplicarse a chegada de peregrinos
Publicado o 22/06/2021 20:18
A mellora da situación pandémica está favorecendo a recuperación do turismo en Galicia. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, contou esta tarde no Parlamento que o número de peregrinos está aumentando semana a semana.
Rueda esgrimiu o importante incremento das cifras de chegada de peregrinos e a resistencia do territorio respecto da media nacional para anunciar o reforzo dos equipos que inspeccionan o estado das distintas rutas do Camiño de Santiago, co fin de garantir a súa conservación.
Desde que comezou o ano, xa chegaron a Galicia 14.593. Deles, case a metade viñeron só no que levamos do mes de xuño. Hai que recordar que o turismo supón o 10 por cento do noso produto interior bruto.