CRTVG

Buscar

As cifras de peregrinos comezan a repuntar en Santiago de Compostela

Publicado o 24/06/2021 14:34

O Camiño de Santiago comeza a recuperar pouco a pouco o seu ambiente. Dende que se relaxaron as restricións, as rúas da cidade volveron a acoller peregrinos. Os accesos á catedral énchense de visitantes e regresan á Oficina do peregrino as ringleiras de camiñantes chegados de diferentes lugares.

Na xornada de onte recolleron a compostela 463 peregrinos, unhas cifras baixas pero que son un indicativo da recuperación do turismo en Compostela, algo que os comerciantes xa están apreciando e agárdase que esta repunta de visitantes siga medrando nos próximos meses e que pouco a pouco o Camiño de Santiago comece a recuperar o seu aspecto habitual. 

Noticias web

24/06/2021