CRTVG

Buscar

As cifras da pandemia en España melloran respecto de onte

Publicado o 16/05/2020 14:26

A cifra de falecidos con coronavirus en España en 24 horas baixou a 102 persoas. Son 36 menos que o día anterior.

Ademais, caeron as hospitalizacións, 258, e os ingresos en UCI, 10. Onte foran 29.

O incremento nos contaxios tamén diminuÍu lixeiramente, aínda que se están facendo máis probas na procura dunha deteción precoz.

Fernando Simón subliñou que, aínda que hai que ser prudentes, o aumento dos cribados non revelou focos novos.

Noticias web

16/05/2020