CRTVG

Buscar

As Cíes xa non admiten máis reservas ata o 26 de agosto

Publicado o 05/08/2019 13:51

Os embarcadoiros da contorna do Naútico de Vigo son estes días un rebulir de xente. Minutos antes de embarcar cara ás Cíes as longas ringleiras que se forman son xa algo habitual. Só os máis previsores nas súas reservas son os que poden gozar neste mes de agosto da beleza destas illas.

Os menos previsores terán que agardar, polo de agora, ata o 26 de agosto para formalizar as súas reservas. O motivo está en que a capacidade diaria das illas Cíes está completa. Tamén no seu cámping, onde salvo cancelacións de última hora e cunha capacidade de 600 campistas diarios, tampouco se pode pernoitar na illa ata finais de mes.

Para os que viaxan por vez primeira, esta é a paisaxe que van atopar nada máis desembarcar nas illas. E se quedan con bo sabor de boca, saiban que ata o 15 de setembro continúan as viaxes regulares ás Cíes, iso si, as reservas deben facerse con antelación.

Noticias web

05/08/2019