CRTVG

Buscar

As chuvias torrenciais colapsan a cidade chinesa de Zhengzhou

Publicado o 22/07/2021 12:28

As chuvias torrenciais deixan xa máis de 30 mortos na China, doce deles no interior dunha liña do metro que quedou anegada. Centos de persoas viaxaban no metro cando se viron sorprendidas pola auga, que alagou os vagóns por completo.

As chuvias que caen desde o sábado no centro da China son algo que, segundo os meteorólogos, acontece cada mil anos. O Goberno chinés mobilizou o exército para evacuar máis de 150.000 persoas e para supervisar dous encoros que ameazan con colapsar.

Noticias web

22/07/2021