A choiva torrencial causa abundantes danos na Mancha e en Xaén
Múltiples desfeitas en Jabalera, Cuenca, despois dunha treboada que descargou, segundo o Concello, 200 litros por metro cadrado nunha hora. A sarabia causou danos en vehículos, estradas e vivendas particulares.
As treboadas tamén causaron incidencias en Cidade Real, onde os bombeiros tiveron que intervir para achicar auga en varios inmobles.
E na comarca da Loma e na serra de Cazorla, en Xaén, as treboadas provocaron medio cento de incidencias e o corte de cinco estradas. Asolagamentos parciais de vivendas, baixos, sotos e garaxes, ademais de acumulación de auga en estradas e leiras.
Na rede de estradas da provincia de Xaén producironse atoamentos de vehículos pola acumulación de lama, e desprendementos de noiros con caída de pedra e barro ás estradas.