CRTVG

Buscar

As choivas permiten controlar os lumes en Turquía

Publicado o 07/08/2021 21:05

En Turquía, o goberno considera controlado o principal incendio forestal no sur do país, onde morreron sete das oito vítimas mortais que as lapas ocasionaron nos últimos dez días. A chegada dunha fronte de choivas reduciu a seis os incendios activos. O presidente turco dixo que máis de cinco mil bombeiros seguen traballando, apoiados por setenta e dous helicópteros e avións, un dos cales é español.

Entre os falecidos hai dous bombeiros profesionais e un voluntario que traballaban na extinción das lapas.










 

Noticias web

07/08/2021