CRTVG

Buscar

A choiva mata case todo o marisco do Carril

Publicado o 01/03/2021 15:06

Perda masiva de bivalvos no Carril. Moita auga doce na desembocadura do Ulla fai que o marisco non poida respirar e acabe morrendo. A choiva botou a perder especies que tardarán máis dun ano en recuperarse.

Os parques de marisco do Carril están cheos de toneladas de cunchas de marisco morto. Hai días xa morreu parte da ameixa babosa, pero parece que tampouco se salvaron nin a ameixa xapónica nin o berberecho.

A culpa tena a baixada da salinidade que rexistrou a auga do mar como consecuencia das a bundantes choivas caídas durante os meses de xaneiro e febreiro.

José Luis Villanueva, patrón maior da confraría do Carril, di que "agora o que fan e retirar as cunchas do marisco morto, despois fan unha trasfega dos individuos que quedaron vivos e da area para repoñer as zonas en que máis afectou o temporal e finalmente repoboarán con cría na mesma porcentaxe da mortaldade". Asegura que hai especies que tardarán máis dun ano en recuperarse coma a xapónica, 

O impacto económico que supón terano que ver nos próximos meses, pero sendo os parquistas o 80 % da Confraría do Carril, vai supoñer unha cifra elevada.

Noticias web

01/03/2021