CRTVG

Buscar

As choivas causaron polo menos 25 mortos na provincia chinesa de Henan

Publicado o 21/07/2021 21:22
As choivas causaron polo menos 25 mortos na provincia chinesa de Henan

Polo menos 25 persoas morreron polas inundacións provocadas por mor das choivas torrenciais na provincia chinesa de Henan. Ademais, 200.000 persoas tiveron que ser evacuadas ata o momento. As autoridades alertaron de que a situación podería empeorar polo risco de desbordamento de dúas presas. 6.000 bombeiros e 7.000 soldados despregáronse para participar nas tarefas de rescate provocadas polas que segundo medios chineses son as peores choivas da historia na zona.

Noticias web

21/07/2021