As Catedrais mantivo o nivel de visitas en agosto a pesar da covid-19
Na praia das Catedrais, en Ribadeo, xa se controlaba dende hai anos a ocupación para protexer este monumento natural. Agora coa pandemia mudou o distanciamento social ou o acceso ás escaleiras por quendas, pero mantense intacto o interese dos turistas por coñecela.
Durante os meses de xullo e agosto emitíronse máis de 153.000 solicitudes para acceder ao areal, só un 18% menos o ano anterior e que se rexistrou principalmente en xullo debido ás restricións de acceso á comarca da Mariña. Din os turistas que o feito de ser un espazo ao aire libre fai que gañe puntos fronte a outras opcións.
O encanto deste areal e dos seus acantilados tallados polo mar atrae os turistas tamén coa marea alta.
Ata neste verán atípico As Catedrais continuan sendo o imán turístico da Mariña lucense.