CRTVG

Buscar

As casetas do polbo volven ao San Froilán

Publicado o 05/08/2021 13:39

Dous anos levan en Lugo sen ver xente comendo polbo nas súas festas. A pandemia obrigou a suprimir as casetas do polbo no San Froilán de 2020. Pero para esta edición vanse retomar e as festas luguesas volverán contar co seu emblema. En breve vai ter lugar a poxa entre os hostaleiros tanto para as casetas como para os caldeiros do polbo. Un regreso que os veciños celebran por todo o que significa.

Os prezos da poxa serán os do ano 2015 para as casetas e os de 2016 para os caldeiros e variarán en función da ocupación permitida nesas datas. Queren así dar facilidades logo dos duros momentos que viviu a hostalería. O que non varía é o prezo da ración de polbo para os clientes, que volverá ser de 12 euros. A ese respecto hai todo tipo de opinións. Se a ocupación permitida para entón é menor do 30 %, os hostaleiros teñen dereito a renunciar á concesión.

Noticias web

05/08/2021