As carrozas dos Reis póñense a punto para os desfiles
Publicado o 02/01/2020 15:19
As carruaxes de conto de fadas agardan polas súas maxestes de Oriente para percorrer as rúas de Ourense cos seus cofres cargados de agasallos. Desde hai máis de 30 anos unha empresa encárgase alí de preparar as carrozas dos Reis Magos. O traballo comeza xa en agosto co deseño dos bosquexos. As temáticas son do máis variadas.
De aquí saen carrozas para boa parte de Galicia e mesmo para fóra da nosa comunidade. Este ano elaboraron máis de 70.
Estes días danlles os últimos retoques a unhas creacións que farán brillar aínda máis se cabe as súas maxestades de Oriente no seu percorrido por Galicia. Unha maxia que se verá reflectida na mirada dos máis cativos.