CRTVG

Buscar

As cacharelas estarán permitidas en espazos privados

Publicado o 18/06/2021 15:32

Galicia vai permitir que se celebren cacharelas de San Xoán o vindeiro mércores, pero só en espazos privados. Isto significa que seguen prohibidas as que se fan nas praias e nas rúas. 

A poucos días do San Xoán, entre os cidadáns hai aínda moitas dúbidas sobre o que imos poder facer e o que seguirá prohibido. Estas son as principais:

Onde podo celebrar unha cacharela?

Están prohibidas nos espazos públicos porque segue en vigor a norma fornte á covid que impide a clebración de festas, verbenas e eventos populares. No ámbito privado, é dicir, nas casas, si que poden organizarse cacharelas.

A quen debo pedir permiso para facer unha cacharela na miña casa?

Se queren facer unha fogueira, os particulares deben informar os concellos.

Cantas persoas poden participar nunha fogueira?

En Galicia non hai límite ás xuntanzas de non conviventes no exterior, polo tanto tampouco nas fogueiras. Así e todo, recoméndase prudencia e manter as medidas fronte á pandemia.

Unha asociación de veciños pode organizar unha fogueira?

Si. Coas normas publicadas, pódese organizar nunha parcela privada. Nunca nun lugar público.

As sardiñadas e churrascadas poden celebrarse?

Son os concellos os que deben decidir se conceden ou non o permiso para celebralas en lugares públicos.

A noite de San Xoán podo celebrar un botellón cos amigos?

Non, non podemos esquecer que os botellóns están totalmente prohibidos.

Noticias web

18/06/2021