As Cabanas do Bosque de Outes, premio 2020 de Arquitectura Sostible
Publicado o 26/01/2021 14:59

As Cabanas do Bosque, o complexo turístico de Serra de Outes, acaban de conseguir o Premio de Arquitectura e Urbanismo 2020.
O galardón, que concede o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España, considera que o complexo, situado a carón da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, conxuga arquitectura con sostibilidade, optimización de recursos e implantación mínima sobre o terreo. Tamén por acadar o dobre obxectivo de benestar e confort das persoas e calidade do contorno construído.
As cabanas turísticas de Outes comparten galardón coas novas directrices de ordenación territorial do País Vasco.