CRTVG

Buscar

As brigadas forestais abren cortalumes vexeitais nas zonas de alto risco

Publicado o 24/06/2021 14:33

Brión. Ano tras ano, o lume prende neste concello da contorna de Santiago. Na aldea do Rubial as pegadas están hoxe ben visibles. É neste tipo de núcleos onde se está intensificando a prevención. 

"É unha aldea que a única saída que ten é unha estrada principal duns 5 metros de ancho. A dificultade á hora de evacuar pode ser grande. Estamos intentando protexer un pouquiño máis esas zonas", di Santiago Neira, axente ambiental do distrito 3.

Estes cortalumes vexetais protexen os núcleos. Son útiles para saír pero tamén para entrar e combater o lume.

"Non hai concentración parcelaria nesta parroquia. Hai moito monte e poucos accesos. É moi necesario facer este tipo de traballos para que as brigadas forestais poidan entrar no caso de que haxa algún incendio e combatelo o antes posible", comenta Manuel Ferro, condutor dunha motobomba.

En Galicia hai 19 distritos e en todos están facendo estes traballos de prevención nas zonas declaradas de alto risco. O 31 de outubro rematou o prazo para que os propietarios rozaran as leiras nas faixas secundarias, aquelas que están a menos 50 metros dos núcleos de poboación. 

"Estamos vendo que a día de hoxe quedan moitas parcelas por limpar. O que se está facendo é avisar as persoas que incumpriron a norma ou ben que os concellos limpan as parcelas e despois cóbranlle ao dono os custos", conclúe Santiago Neira.

Noticias web

24/06/2021