CRTVG

Buscar

As bonitas, a figura típica do Entroido en Sande

Publicado o 19/02/2019 21:39

Foi alí polo ano 1900 cando en Sande, no concello de Cartelle, comezaron a saír as bonitas no Entroido. Un traxe e unha máscara cheos de historia e tradición que dende hai case dúas décadas non para de medrar. As súas máscaras de arame, os sombreiros de plumas e os mantóns de Manila son os seus símbolos de identidade.

Foi hai case dúas décadas e tras moitos anos indagando, cando os veciños de Sande decidiron recuperar o seu Entroido máis tradicional. As bonitas cos seus sombreiros de plumas, os mantóns de manila, a máscara de arame e o bimbio na man, teñen un traballo que facer neses días de festa.

A vaca, o oso, as avutardas e o meco acompañan as bonitas no Entroido. Días de festa e de troula que xa están á volta da esquina.








 

Noticias web

19/02/2019