CRTVG

Buscar

As baixas temperaturas continuarán ata o próximo mércores no centro de España

Publicado o 14/01/2021 20:58

As temperaturas vanse recuperando lentamente pero aínda así en moitas zonas de España seguen a tiritar de frío. Na mañanciña, na localidade de Molina de Aragón en Guadalaxara o termómetro marcaba os 21 graos baixo cero. Cerca quedaron ata seis vilas de Aragón nas que o termómetro oscilou entre os 15 e os 19 baixo cero. Esta vaga de frío prolongarase ata o próximo mércores, o que a converte na máis longa dende 2001.
 

Noticias web

14/01/2021