CRTVG

Buscar

As baixas temperaturas afectan a colleita do pemento de Herbón

Publicado o 02/08/2021 22:23

Nesta época do ano o pemento de Herbón debería estar no seu mellor momento. Pero non é así. As plantas están carentes de sol, fáltalles calor. Iso sábeo ben quen leva décadas cultivando estes froitos.

José Manuel Ferro, propietario de Pementos Carmucha: "É moi atípico, sobre 15, 16 graos de noite".

O verán non está proporcionando as temperaturas que os pementos precisan. E iso está afectando ao seu crecemento.

Telvina: "Está verdiño, brilla, está que dá gusto velo".

Pero en moitas das plantacións aos pementos estalles custando alcanzar o punto de maduración ideal para ser apañados.

Carmen Carou, empregada de Pementos Carmucha: "O tamaño ideal co que traballamos nós ao ser unha denominación de orixe... o que é pequeniño non vale, o que é grande tampouco vale...".

Dende o sector aseguran que este sería o momento tamén de maior demanda do pemento de Herbón, pero tanto a oferta como a demanda son atípicas neste verán de 2021.

A hostalería tampouco está traballando moi ben este ano.

Unha produtora como Pementos Carmucha chegaba a producir no verán uns 15.000 quilos de pementos. A día de hoxe levan recollidos uns 7.000 quilos, e din que se o tempo continúa así, non chegarán aos 9.000 a final de temporada.

Noticias web

02/08/2021