CRTVG

Buscar

As badaladas do Big Ben volven soar para saudar o 'brexit'

Publicado o 31/12/2020 20:29

O Big Ben volverá facer oir as súas badaladas as once da noite, hora local, medianoite en España. O emblemático reloxo londiniense leva calado desde 2017 por traballos de restauración. Esta noite volve soar para marcar o momento no que o Reino Unido se desvincula definitivamente da lexislación comunitaria. Rematan así 47 anos de vida en común, aínda que o acordo do brexit levará aínda durante un par de meses o apelido de provisional, mentres non o ratifique o Parlamento Europeo. Ata o 1 de outubro, os españois poderán seguir entrando nas illas co DNI, aínda que haberá limitacións para o tempo máximo de permanencia no país ou para os produtos que poderán pasar a aduana.
 

Noticias web

31/12/2020