As axudas para compensar os danos causados polo lobo e o xabaril pódense solicitar dende mañá
Publicado o 12/01/2021 15:17
As axudas para compensar os danos causados por ataques de lobos e xabarís poderán solicitarse a partir de mañá.
A Consellería do Medio Rural publicou as subvencións, dotadas con máis de dous millóns de euros, das que poderán benficiarse uns 2.300 titulares de explotacións gandeiras. A partida destinada a paliar os danos producidos polo lobo sobre o gando aumenta nun 61 por cento respecto do ano pasado. Canto aos estragos causados polo xabaril nos cultivos, o importe pode chegar aos 2.000 euros.