As axendas intervidas a Villarejo recollen reunións de policías co sogro de Sánchez
Publicado o 07/06/2021 15:33

As novas axendas intervidas ao excomisario Villarejo recollen reunións de altos mandos policiais co sogro do presidente Pedro Sánchez, o empresario Sabiniano Gómez, segundo publica o xornal El Mundo. É o mesmo material que motivou a recente imputación da exsecretaria xeral do PP María Dolores de Cospedal dentro da operación Kitchen.
O xornal explica que o sogro do presidente do Goberno vén colaborando coa policía dende a década dos 80. As axendas de Villarejo, en que aparecen os encontros, foron incorporadas recentemente ao sumario do caso Tándem.