CRTVG

Buscar

As axencias de viaxes reivindican o seu papel na futura recuperación económica

Publicado o 22/02/2021 17:46

A Xunta de Galicia publica este mércores no 'Diario Oficial de Galicia' a segunda parte das axudas destinadas ás axencias de viaxes, ata completar os 3,6 millóns de euros asignados para este fin. 

O vicepresidente primeiro, que mantivo unha xuntanza con representantes do sector en Vigo, lembra que estas subvencións son compatibles co plan de rescate para persoas autónomas e pequenos negocios.

Durante o encontro, Alfonso Rueda instou o Goberno central a materializar o apoio económico comprometido con este sector, para paliar os efectos da crise xerada pola pandemia da covid-19.

As axencias de viaxes topáronse coa Covid cando o sector vivía un bo momento. Non tiveron peche sanitario, pero as limitacións perimetrais e as restricións levaron a moitas a perder ata o 90% da súa recadación.

A Xunta recoñece que son un dos grandes activos da economía galega como canalizadores de millóns de turistas. O sector valora as axudas para "resistir" e reivindica o seu papel na futura recuperación do país.

Noticias web

22/02/2021