As axencias de viaxes afirman que o sector está ao límite e piden axudas directas
Publicado o 17/12/2020 13:51
Empresarios e traballadores das axencias de viaxes levaron ante as portas do Parlamento galego as súas queixas pola dificil situación que vive este sector.
Piden que a Xunta que habilite un plan de axudas directas ás empresas do sector para poder afrontar a caída de ingresos provocada pola pandemia.
Afirman que están totalmente descapitalizados e séntense abandonados polas administracións.