CRTVG

Buscar

As autoridades pídenlles prudencia aos estudantes que volven á casa

Publicado o 18/03/2021 15:23

Os que poden regresar a Galicia son os estudantes que viven fóra e queren pasar a ponte coa familia. Pero, sen lugar a dúbidas, o maior éxodo producirase dentro de oito días, cando comecen as vacacións de Semana Santa.

Porén, nas principais estacións nótase unha maior afluencia de persoas. As autoridades piden prudencia co obxectivo de que estes desprazamentos non se convertan nun risco para as familias e, sobre todo, para os membros máis vulnerables.

Para poder reencontrarse con certas garantías, algúns estudantes preferiron facerse unha proba diagnóstica antes de vaixar para descartar a covid-19.

Noticias web

18/03/2021