As autocaravanas están en pleno auxe e ateigan os campings
Publicado o 22/07/2021 21:10
O turismo de autocaravana suma e segue, e iso nótase en cámpings coma este de Foz, que colga a diario o cartel de completo e xa non admite reservas.
Aquí hai expertos na materia e que repiten cado ano. Tamén principiantes que se suman a un sector en auxe. E quen bota man de levar a casa ás costas para adaptarse á situación.
Hai familias, mozos, xubilados, numerosos perfís e un sentimento común. Din que quen proba repite e eles dan fe diso.