As augas do Mar Mediterráneo xa están tan quentes como as do Caribe
Publicado o 20/08/2021 20:40

A auga do Mar Mediteráneo acadou neste mes de Agosto unha temperatura de 27,4 graos, moi semellante á do Mar Caribe. Trátase do segundo valor máis elevado desde que comezaron a recollerse os datos segundo o Centro de Estudos Ambientais do Mediterráneo.
Nos últimos 40 anos a media aumentou en case 1 grao e os expertos vaticinan que chegará, a non moito tardar, aos 28. O quecemento do mar é unha das manifestacións máis destacadas do cambio climático e ademais ten unha gran relación coa maior violencia das pingas frías na zona.