CRTVG

Buscar

Seguen baixando os casos de covid−19 nunha xornada sen falecementos

Publicado o 04/10/2021 19:39

• Aumenta a ocupación hospitalaria (+1)

• Descenden os contaxios (-6)

Seguen baixando os casos de covid−19 nunha xornada sen falecementos

Os casos activos seguen baixando de forma continua (-41). Hoxe, hai 741 persoas con coronavirus en Galicia.

Descende o número de casos novos detectados por probas diagnósticas (-6). En total, rexistráronse 29 positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 143 (-8)

A Coruña: 179 (-11)

Pontevedra: 65 (+2)

Santiago: 88 (-7)

Ourense: 126 (+2)

Lugo: 119 (-15)

Ferrol: 21 (-4)

En canto á ocupación hospitalaria, esta aumenta na UCI (+1). En total, hai 56 persoas hospitalizadas: corenta e tres persoas en planta e 13 en coidados intensivos. O Sergas non notificou falecementos este luns, e con iso mantense a cifra de 2.639 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos