As altas temperaturas desta fin de semana deixaron aglomeracións en praias e paseos de toda Galicia
Publicado o 23/11/2020 14:51
As temperaturas desta fin de semana, pouco usuais para a época do ano en que nos atopamos, deixaron imaxes sorprendentes en praias de Vigo e A Coruña, dúas cidades que se atopan baixo duras restricións pola complexa situación que están a pasar a causa da pandemia, pero pouco reflexo disto vimos estes días.
Aglomeracións, escasa distancia social e ausencia de máscaras son algunhas das situacións que se viron estes días nos paseos e areais.
Moitos atopan a respostas destas aglomeracións, ademais de no clima, no peche da hostalaría.
O sol desta fin de semana botou a xente as rúas e de novo púxose de manifesto a irresponsabilidade de moitos a pesar das circunstancias que estamos a vivir.