CRTVG

Buscar

As altas temperaturas adiantan a floración, con consecuencias na agricultura e na saúde

Publicado o 26/02/2019 16:54

Un tempo primaveral que está adiantando a floración de moitas árbores. Falta case un mes para estarmos na primavera, pero moitas árbores xa están en flor. As altas temperaturas deste inverno fan que a floración se adiante entre dez días e un mes, dependendo das especies.

Algo que se está a converter nunha tónica habitual nos últimos anos e que afecta, especialmente, as árbores froiteiras, xa que as xeadas, que aínda están por vir, poden acabar con toda a colleita. Pero esta floración temperá tamén prexudica os alérxicos.

Son as consecuencias do cambio climático, que nos deixa invernos cada vez menos fríos. Un adianto que pode ir dende os dez días ata case un mes e que prexudica non só a agricultura, senón tamén a saúde. Ademais, a floración alóngase no tempo e con ela os síntomas que padecen os alérxicos.









 

Noticias web

26/02/2019