CRTVG

Buscar

As adiccións ao cánnabis xa son máis da metade dos casos de drogodependencias

Publicado o 27/03/2019 19:58

A modificación xenética das plantas de marihuana logrou crear variedades que teñen un efecto psicoactivo moito máis potente. Nos centros de tratamento de drogodependentes hai tempo que levan alertando de que iso provoca que haxa un novo perfil de pacientes: os adictos ao cánnabis.

César Pereiro, psiquiatra especialista en adiccións : "E o máis relevante é que son rapaces moi novos, con 15, 16 ou 17 anos".

Ao iniciar o consumo en etapas tan temperás multiplícase tamén o risco de chegar a unha psicose. O problema que ven ademais os especialistas é que socialmente segue sen haber unha sensación real de risco asociado ao consumo do cánnabis, porque se fomentan as imaxes positivas.

César Pereiro, psiquiatra: "Hai unha extratexia de mercado parecida a que houbo hai anos co tabaco". 

Amais diso está a confusión que se deriva de asocialo a posibles usos terapéuticos.

César Pereiro, psiquiatra: "Ollo! unha cousa é o cánnabis médico, o cannabidiol, e outra cousa é o THC. Falamos de cousas moi distintas, aínda que van na mesma planta e cando consomes unha vén a outra".

Para poder afrontar con éxito o problema, os especialistas demandan das administracións unha estratexia semellante a que se puxo en práctica no seu día para acabar coas ideas erradas sobre a sida.

Noticias web

27/03/2019