CRTVG

Buscar

As academias de oposicións manterán unha intensa actividade no verán ante o aumento de solicitudes de matrícula

Publicado o 28/06/2021 20:35

Educación, Xunta, Sergas. Con varias convocatorias para acceder a unha praza na Administración pública xa marcadas no calendario para os próximos meses, as academias non paran de recibir solicitudes de matrícula.

Manteñen restricións de capacidade e pouco a pouco están a recuperar as clases presenciais combinadas coas virtuais, que se poden seguir desde a casa.

Como consecuencia da crise agravada pola pandemia tamén xurdiu un novo perfil de persoas que deciden preparar unha oposición co fin de poder acceder a un posto de traballo con garantías de estabilidade.

Será un verán de intensa actividade nas academias.

Noticias web

28/06/2021