As academias de oposicións combinarán clases presenciais e teleformación
O coronavirus non llelo puxo nada doado nin aos estudantes nin aos profesores que preparan oposicións. Despois de moitos días de ensinanza en liña, no mes de xullo, moitas academias coma esta onde nos atopamos teñen todo preparado para volver ás clases presenciais. Porén están sorprendidos porque a maior parte dos alumnos prefiren seguir apostando pola teleformación
E é que esta nova ferramenta de estudo e de traballo que trouxo a pandemia chegou para quedar , polo menos, no sector das oposicións
Por iso nesta academia van apostar por un sistema mixto. Os alumnos que o prefiran poderán seguir as clases en directo dende a casa coa posibilidade de interactuar coa aula presencial. Os que dende xullo aposten por ir fisicamente á clase terán que adaptarse aos novos protocolos sanitarios
Asi as cousas, todo esta preparado para que nas clases, ou dende casa, ninguén teña que renunciar á constancia, a clave para preparar e superar calquera oposicion