As academias de artes, deseño, música e danza tamén se ven afectadas polo peche
Desde hoxe está suspendida a actividade formativa na maior parte dos centros educativos de réxime especial, pero hai excepcións. Teñen que pechar, ademais das escolas oficiais de idiomas e conservatorios, as de artes plásticas e deseño, e tamén as escolas de música e danza. Pero neste caso hai unha excepción. Poden seguir coa súa actividade as que están vencelladas a centros docentes que seguen abertos e limitadas ao alumnado do centro.
Victoria asiste á súa clase habitual de piano no seu centro educativo. É unha das alumnas que pode continuar coa actividade musical presencial.
Son unha das excepcións recollidas dentro da normativa en vigor en Galicia ata o próximo 17 de febreiro. Así está pola contra a aula principal da Escola de música de Oleiros. Canda os conservatorios teñen suspendida a actividade lectiva presencial e tiveron que a adaptar as clases á modalidade telemática.
Canda os estudos musicais quedan suspendidos tamén os de artes plásticas e deseño e os de danza en conservatorios e escolas. Pero poden seguir a súa actividade no caso das academias cos aforos limitados ao que marca a normativa sanitaria.