CRTVG

Buscar

Messi quere a Copa América. Exhibición do 10 e a Arxentina está nas semifinais

Publicado o 04/07/2021 05:19

Arxentina pasa a semifinais tras vencer a Ecuador

A Arxentina venceu esta noite a Ecuador por tres goles a cero nun gran partido de Leonel Messi, que deu a asistencia nos dous primeiros goles da súa selección e marcou o terceiro de tiro libre. A Arxentina xogará unha das semifinais da Copa América 2021 de fútbol contra Colombia, que superou na tanda de penaltis a Uruguai tras rematar o tempo regulamentario con empate a cero goles. A Arxentina e Colombia xogaranse o pase á final este martes no Estadio Mané Garrincha de Brasilia.