CRTVG

Buscar

Arxentina vence a Colombia na quenda de penaltis e xogará a final da Copa América

Publicado o 07/07/2021 10:56

Este domingo (02:00 h), a gran final da Copa América entre Brasil e Arxentina, pola TVG

O partido entre Arxentina e Colombia pareceuse ao España-Italia. Arxentina foi mellor, sobre todo na segunda parte, pero o partido finalizou con empate a un gol e resolveuse desde os once metros (non hai prórroga na Copa América).

Aí Emiliano Martínez, o meta do Aston Villa, foi o xogador decisivo. Detivo tres lanzamentos.

A Televisión de Galicia ofrecerá a final da Copa América este domingo. Messi contra Neymar. A final desexada.

Noticias web

07/07/2021