Arxentina comeza a vacinar o persoal sanitario
Publicado o 15/01/2021 08:39
Persoal sanitario, forzas de seguridade e mestres, esas son as prioridades das autoridades sanitarias para a vacinación; a cidadanía deberá agardar ata a segunda metade do ano.
"Se non hai outra suministración de vacinas doutra orixe e doutro laboratorio, eu calculo que co ritmo que se está levando de recepción, a poboación en xeral de ningunha maneira vai ser vacinada antes da primaveira, é dicir, antes de setembro-outubro", manifetsou o presidente do Centro Galego da Arxentina Ramón Suárez.
No caso do Centro Galego, nesta primeira fase vacinaron 100 dos 900 traballadores, que polo de agora non presentaron ningún síntoma adverso.