CRTVG

Buscar

Artistas desde Julio Iglesias a Iván Ferreiro chaman a vir a Galicia neste Ano Santo

Publicado o 29/12/2020 18:01

A torre do reloxo da catedral de Santiago ou as Torres Hejduk do Monte Gaiás son dos últimos edificios que se iluminan de cor azul para recibir o Ano Santo. Trátase do proxecto 'Acende o Xacobeo', en que participan un cento de edificios de Galicia e doutras comunidades polas que pasa o Camiño.

E xa na tarde do xoves 31 de decembro será cando se celebre na catedral o acto central de benvida ao Xacobeo 2021. Carlos Núñez presentará un video documental en que participan unha trintena de artistas. O acto terá un público moi reducido, pero vaise retransmitir pola Televisión de Galicia, e vaise proxectar en 16 países.

Será xusto despois da cerimonia relixiosa de apertura da Porta Santa cando comece no interior da Catedral o acto de benvida ao Xacobeo 2021. Un acto retransmitido pola TVG que será proxectado en 16 países en que se nos invitará a camiñar a Galicia da man de Carlos Núñez e 30 artistas máis. Eles son os protagonistas dun vídeodocumental que propón unha viaxe pola historia da música do país, desde a do Pórtico ata a dos nosos tempos.

Afirma Nava Castro, directora de Turismo de Galicia que "este xoves 31 de decembro acéndese de novo un faro. Un faro de esperanza e sobre todo de posibilidades de recuperación socioeconómica e, por que non dicilo tamén, emocional, para Galicia".

Ese faro, o Xacobeo 2021, prenderase xusto despois de que volva abrir a Porta Santa. Carlos Núñez será o encargado de darlle a benvida nun acto videomusical en que 30 artistas, desde Julio Iglesias a Iván Ferreiro, chamarán a encontrarse con Galicia nun Ano Santo diferente.

A pandemia obriga a facer un acto reducido e simbólico, pero que busca chegar a milleiros de persoas de todo o mundo. Será retransmitido en streamig e pola TVG, proxectado en 16 países e nos centros galegos dos cinco continentes. 

Noticias web

29/12/2020