CRTVG

Buscar

Artesáns internacionais comparten experiencias no encontro de torneiros de Xermade

Publicado o 22/09/2019 14:23

Celébrase esta fin de semana a décimo novena edición do encontro de torneiros de Xermade, unha referencia no mundo do torno que cada ano consegue atraer maior número de profesionais e afeccionados a un oficio que en Galicia xa está recuperado, en gran parte grazas, precisamente, a este encontro. 

O encontro de torneiros de Xermade é unha cita anual sumamente esperada no mundo do torno, un oficio que saíu do esquecemento grazas a este escaparate, unha fin de semana na que centos de persoas de España, Francia, Portugal ou Inglaterra comparten experiencias e aprendizaxes.

Entre os mestres está Lolo Castro, un veciño fillo e neto de torneiros que manexa o torno con absoluta destreza. 

Moitos destes obxectos xa non se usan e o proceso industrializouse. Pero hai quen segue empregando o torno para facer arte, como este xubilado asturiano que mecaniza pezas torneadas.

Esta xuntanza é, ademais, unha homenaxe constante a Fernando Vérez e Tito Ledo, torneiros e creadores destes encontros hai agora dezanove anos.  

Noticias web

22/09/2019