Artesáns de Sibeira pintan á man bólas de Nadal con máscara
Publicado o 07/12/2020 16:22
A pandemia tamén chegou ás árbores de Nadal. Fíxense nestas bólas para decorar as árbores que están facendo en Rusia. Todas levan a súa máscara.
Non hai dúas iguais porque as pintaron á man artesáns de Siberia. Xa se converteron nun dos produtos máis demandados para este Nadal.