CRTVG

Buscar

Artesanía en coiro, madeira e cerámica no mercado de Nadal de Lugo

Publicado o 24/12/2020 14:56

A luguesa praza de San Marcos mantén o seu tradicional mercado de Nadal adaptado este ano ás circunstancias actuais. "Somos poucos, hai moito espazo e a xente pode vir tranquilamente a mercar e cada posto é totalmente diferente".

Non faltan as pezas de cerámica e tampouco o coiro transformado en multitude de produtos. Tamén hai broches e figuriñas típicas galegas e tampouco faltan nin as bonecas nin os xogos.

"Estamos xusto na época dos xoguetes e é o que teño, xoguetes de madeira para cativos e de enxeño para adultos".

Hai variedade de produtos e tamén de prezos adaptados a todos os petos. "Podes atopar pezas dende 5 euros ata cousas máis elaboradas como un bolso de 100 euros, pero hai moita marxe e percorrido para todos os petos".

Os once postos que conforman este mercado son de artesanía, produtos únicos e elaborados á man. "Son feitos á man, son pezas únicas que leva moito tempo facelas. Hai que facelas, deixalas secar, pintalas, cocelas".

Este foi unha ano difícil tamén para os artesáns debido á suspensión de feiras e eventos. "Non hai vodas, bautizos nin comuñóns. Non hai eventos e non hai exportacións".

Hai aquí orixinais agasallos cos que sorprender en Nadal ao tempo que colaboramos cos nosos artesáns.

Noticias web

24/12/2020