CRTVG

Buscar

Arteixo volve estar pechado perimetralmente

Publicado o 08/03/2021 15:12

Dentro da área sanitaria da Coruña, hai 4 concellos que van seguir no nivel alto de restricións. Un deles é Arteixo.  Os veciños só poden desprazarse aos concellos na súa mesma situación, nesta área sanitaria son tamén Ponteceso, Sobrado dos Monxes e Miño.

As cifras son as que motivan esta decisión, teñen 88 positivos en 14 días e unha incedencia acumulada de 274 casos. Os empresarios din que hai que reinventarse e resistir. 

Unha veciña leva oito anos á fronte dun comercio de moda urbana e casual. Cada día loita por resistir, e iso pasa por darlles aos seus clientes todas as facilidades. "Se hai que enviar, envíase; se hai que chatear, chatéase; se hai que darlles cita previa, dáselles", comenta Paula Díaz

A súa actitude fronte á vida é positiva e sempre busca o lado bo. "Un peche implica que non poida vir xente doutros concellos, pero tamén implica que o de aquí vai quedar aquí", comenta a empresaria.

Ningún ten a sensación de que Arteixo vaia mal, pero as cifras falan de 88 contaxios nos últimos 14 días. 

 

 

 

Noticias web

08/03/2021