CRTVG

Buscar

Arteixo conta cunha incidencia de 236 casos por covid-19

Publicado o 17/03/2021 15:17

Arteixo conta nestes momentos cunha incidencia de 236 casos por cada cen mil habitantes. Segue no nivel alto de restricións. Os seus veciños non poden desprazarse fóra do seu concello.

O interior dos locais de hostalería segue sen abrir. Só poden atender nas terrazas ao 50 por cento da súa ocupación.

O resto dos concellos da área sanitaria da Coruña seguen en nivel medio de restricións.  Os datos deste mércores dan un respiro.

Descenden os casos activos, 12 menos ca onte. Tamén os hospitalizados, 1o menos en planta e outros tres menos nas UCIS. Amais, nas últimas 24 horas rexistráronse 45 novos contaxios, 37 menos ca o mércores pasado.

Noticias web

17/03/2021