CRTVG

Buscar

Arte para rexenerar espazos urbanos nunha nova edición das Meninas de Canido

Publicado o 05/09/2021 12:23

Paula García Couce, Pauliña Montopalco para todos os que a coñecían e a querían, era a alma das Meniñas de Canido. O seu sorriso perenne e o seu espírito libre viaxan sobre unha moto no mural que lle dedica Toni Espinar. Tamén son un tributo a meniña astronauta e conquistadora de Gonzalo Alonso e a de Álex Fernández, creada a partir do texto escrito tras o pasamento de Paula polo seu amigo Edu Hermida, impulsor do festival.

Os dous artistas levan seis anos contribuíndo cos seus murais a rexenerar o barrio de Canido.

Nas últimas edicións foron gañando protagonismo os murais grandes, pero hai infinidade de creacións pequenas dándolle cor a un barrio noutrora gris. A ruta das Meniñas superou a cifra de cincocentas obras e xa forma parte da lista de itinerarios impresionistas de Europa.

O festival recuperou as actividades paralelas, coma os concertos e o mercado creativo. As Meniñas de Canido son un convite a perderse, sen présas, polo barrio.

Noticias web

05/09/2021